Actividade Escola de Tenis, xoves 5 e de decembro – Inscrición

Ola familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o xoves día 5  de decembro unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra, cerca do CUVI). O custo da actividade será de 8€ día e nen@ inscrito e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis de Vigo.

Para realizar a inscrición é preciso facelo a través do seguinte formulario: 

Formulario inscrición 

O número mínimo de alumn@s para desenvolver a actividade é de 10 e o máximo será de 60. Na formación dos grupos terase en conta as idades d@s nen@s para garantir que a actividade funcione axeitadamente. 

Seguirase o criterio da orde de inscrición para a asignación das prazas dispoñibles sendo o único medio para facelo a cumprimentación do formulario. Terán prioridade no acceso á actividade @s fill@s d@s soci@s da ANPA

As datas límite para realizar as inscricións será o mércores 4 de decembro ás 12:00 horas. 

Non é preciso que os nen@s traían ningún tipo de material deportivo xa que todo o que sexa relevante para a realización da actividade corre a cargo da Escola de Tenis de Vigo.

O que sí será preciso é:

  • Que os nen@s traían unha pequena merenda 
  • Vestimenta e calzado deportivo
  • Auga…………..importantísimo!!!!!
  • ………..e moitas gañas de pasalo ben

A ter en conta:

Dirección: MERCANTIL Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra (cerca do CUVI)

Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas

Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas

Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas

Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto)

Atentamente

Equipo Directivo ANPA

 

XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS

educar en igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos. Continuar leyendo «XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS»

Codaxiño 2019

Estimadas familias.

Dende a Anpa comprácenos comunicarvos que o vindeiro 25 de Maio celebraremos, en colaboracion co Colexio,  o Codaxiño 2019: unha actividade lúdico-deportiva dirixida a toda a comunidade escolar.

O evento celebrarase nas instalacións do Colexio.

Data evento 25/05/2019
Aberto a participación de todas ( Nais, Pais, Mestras…) e a todas as idades. 
Inicio das Actividades 16:00h – 21:30
Actividades lúdico – deportivas ao longo de todo o día.
Os alumnos da ESO encargaránse da venda de comida e bebidas.

Continuar leyendo «Codaxiño 2019»

Conferencia sobre Educación e Deporte nos Estados Unidos

descarga

A ANPA do Colexio Martín Códax organiza unha conferencia sobre Educación e Deporte nas Universidades dos Estados Unidos, e os programas de BECAS tanto deportivas como académicas que estas Universidades ofrecen.

Estos programas Universitarios están enfocados a rapaces e rapazas que puidesen estar interesado/as en cursar toda a carreira Universitaria ou parte dela nos Estados Unidos, puidendo optar por unha beca deportiva e/ou académica que facilite a cobertura dos gastos Universitarios. Continuar leyendo «Conferencia sobre Educación e Deporte nos Estados Unidos»

10% desconto en ParK City

PARK CITY oferta un 10% de desconto a tódol@s soci@s do ANPA que desexen contratar os seus servizos para a celebración de cumpleanos.

descuento Park city

Quenes queirades facer uso do desconto ofertado teredes que enviarnos un mail a anpamartincodax@gmail.com indicando os seguintes datos:

Nome e Apelidos do soci@
Nome e apelidos do nen@ que vai celebrar o cumpleanos
Día no que se concertou co establecemento a celebración do cumpleanos.

Más información: http://www.parkcity.es/

Equipo Directivo

Anpa Martín Códax

Inscrición Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN” – 19 de outubro

Para participar na xornada «A  Noite é Xoven» é preciso facer a seguinte INSCRICIÓN con data límite do 14 de outubro:

*Instruccións: Encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar. Continuar leyendo «Inscrición Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN” – 19 de outubro»

Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN”

Bo día familias:

Di o refrán aquelo de que “…..á terceira vai a vencida” así que, para non contradecilo, dende a ANPA decidimos acollernos ao dito e presentarvos de novo:

DOCU_GRUPO

“A NOITE É XOVEN”

Xornada lúdica e astronómica

Venres, 19 de outubro, ás 17.30h.

Continuar leyendo «Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN”»

Aprazamento – Xornada «A noite é xoven»

Bo día familias:

Debido a que as previsións climatolóxicas para este venres, 8 de xuño, seguen a ser de choiva e néboas, vémonos na obriga de APRAZAR de novo a Xornada “A Noite é Xoven”.

Deixamos a porta aberta para organizala no mes de setembro coma inicio de curso para a ANPA.

Desculpade as molestias que vos puidese ocasionar.

Un saúdo,

Equipo Directivo

Anpa Martín Códax

Cambio de data da Xornada «A noite é xoven»

Bo día familias:

Debido as condicións climatolóxicas adversas vémonos obrigados a cambiar de data a Xornada “A noite é xoven” que estaba programada para este venres 25 de maio ás 18.00h. A xornada  realizarase finalmente:

 

“A NOITE É XOVEN”

Xornada lúdica e astronómica

VENRES, 8 DE XUÑO, ÁS 18.30h.

Colexio Martín Códax

Continuar leyendo «Cambio de data da Xornada «A noite é xoven»»

“A NOITE É XOVEN” – Xornada lúdica e astronómica

Bo día familias:

Chega o fin de curso, e para festexalo a ANPA do Martín Códax, en colaboración co Colexio, organiza o próximo VENRES 25 DE MAIO ás 18.00h no Colexio: 

Observacion-estrellas

 

“A NOITE É XOVEN”

Xornada lúdica e astronómica

 

 

Continuar leyendo «“A NOITE É XOVEN” – Xornada lúdica e astronómica»