Recollida de alimentos e xoguetes – Luns 17 de decembro

Estimados pais e nais,

Un ano máis, imos colaborar con algunhas asociacións viguesas que axudan os veciños que están a atravesar unha difícil situación económica.

Este ano o Colexio fará unha recollida de alimentos por AFAN (Asociación Freijeiro de axuda o necesitado) e de xoguetes promovida por a ANPA e xestionada por S. Vicente de Paul.

Aqueles que o desexedes, poderedes traer calquera destes alimentos: conservas, legumes, pasta, arroz, fariña, maicena, aceite, cacao, leite condensada, mel, sucre, doces, marmelos…

En canto aos xoguetes, só aqueles que estean en bo estado.

Podedes levar o colexio ambas cousas o LUNS 17 DE DECEMBRO. É importante que sexa este día porque será cando as asociación farán a recollida.

Pregámosvos que traiades en bolsas separadas alimentos e xoguetes, xa que van a distintas asociacións.

A vosa colaboración de cada ano é exemplar e non recibimos máis que mostras de fonda gratitude das persoas encargadas de distribuir estas axudas.

Un cordial saúdo.

¡Felices Festas a todos!

 

Anuncios

Recursos para traballar a charla: “A importancia de almorzos e merendas”

materialdeapoyomartincodax

En novembro, dentro das actividades programadas na Escola de Nais e Pais, tivo lugar a charla-obradoiro “A IMPORTANCIA DE ALMORZOS E MERENDAS impartida por Catalina Prieto de 24 Zanahorias, Master en Nutrición Humana e Saúde, especializada en educación nutricional e prevención, comunicación en saúde e restauración coletiva.

Como complemento a charla, dende 24 Zanahorias ofrécennos os seguintes recursos para que poidades indagar un poco máis na súa proposta. Continuar leyendo “Recursos para traballar a charla: “A importancia de almorzos e merendas””