Inscripción Actividade Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 21 e 22 de decembro

Ola familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración coa Escola de Tenis de Vigo organiza os vindeiros días 21 e 22 de decembro (xoves e venres da próxima semana) unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no IFEVI. O custo da actividade será de 4€ por día e nen@ inscrito e deberá ser abonado, de forma directa, na Escola de Tenis de Vigo.

As datas límite para realizar as inscricións van dende o Venres 15 de decembro ás 16.00 horas ata o Martes 19 de decembro ás 17:00 horas. Non se contemplarán as inscricións realizadas fora desas datas. Continuar leyendo «Inscripción Actividade Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 21 e 22 de decembro»