Admitid@s actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo – 22 e 23 de Xuño

Boas tardes familias,

Unha vez analizadas as solicitudes recibidas e confirmados os grupos en función das idades d@s nen@s, dende a ANPA enviamos a tódalas familias que obtiveron praza un mail de confirmación para cada unha das xornadas.

Recordade que é preciso que @s nen@s leven unha pequena merenda, auga e vestimenta e calzado deportivo.

Soamente nos queda agradecervos a confianza depositada en nós.

Agardamos que @s nen@s disfruten connosco do seu primero día de vacacións.

Atentamente,

Equipo Directivo ANPA

 

INFORMACIÓN XERAL

Dirección: IFEVI (Avenida do Aeroporto 772 – Vigo)

Entrando no edificio principal, pasillo da esquerda. Seguir as indicacións.

Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas

Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas

Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas

Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto)

Actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 22 e 23 de xuño – Inscripción

Bo día familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración coa Escola de Tenis de Vigo organiza os vindeiros días 22 e 23 de xuño (xoves e venres da próxima semana) unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no IFEVI. O custo da actividade será de 3€ por día e nen@ inscrito e deberá ser abonado, de forma directa, na Escola de Tenis de Vigo

Para realizar a inscrición é preciso facelo a través do seguinte FORMULARIO:

*Instruccións: para velo enteiro facer scroll sobre o propio formulario, encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar.

Continuar leyendo «Actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 22 e 23 de xuño – Inscripción»