Espectáculo “Galtuk: Un sueño de Navidad” – Venda de entradas

Bo día familias:

Chega a Vigo un novo espectáculo circense para toda a familia, repleto de alucinantes acrobacias, trapecistas e pallasos, que axudan a crear unha atmosfera chea de maxia, luz e cor.

Dende a ANPA queremos ofrecer a posibilidade de que os/as socios/as que lles interese, poidan asistir ó espectáculo “GALTUK: UN SUEÑO DE NAVIDAD”, nunha sesión especial para colexios que terá lugar o vindeiro Martes 5 de decembro ás 19.30hs no Auditorio Mar de Vigo.

Continuar leyendo “Espectáculo “Galtuk: Un sueño de Navidad” – Venda de entradas”

Anuncios

ENQUISA SOBRE ADIAF – Charla “Cómo Protexer sen Sobreprotexer” impartida por José Cardama Barrientos

Este xoves, 23 de novembro, tivo lugar o terceiro obradoiro que levou a cabo a nosa Escola de Nais e Pais, “Cómo Protexer sen Sobreprotexer” impartida por José Cardama Barrientos. Dende a ANPA do Colexio Martín Códax queremos darvos as grazas a tódolas nais e pais que vos acercástedes o Colexio e participástedes activamente na charla.
 

Continuar leyendo “ENQUISA SOBRE ADIAF – Charla “Cómo Protexer sen Sobreprotexer” impartida por José Cardama Barrientos”

Charla: “Cómo Protexer sen Sobreprotexer”

¡Bo día familias!

Seguindo coa actividade programa pola Escola de Nais e Pais do Martín Códax, convidámosvos á charla-obradoiro que terá lugar este xoves 23 de Novembro ás 19:00 horas no Colexio.

Esta charla-obradoiro leva por título “Cómo Protexer sen Sobreprotexer” impartida por José Cardama Barrientos (Psicólogo e Terapeuta Familiar. Premio Reina Sofía 2013 de Rehabilitación e Integración en Atención Temprana – GAT)

“A protección é algo natural, adaptativo, instintivo e necesario para a supervivencia pero debemos atopar un equilibrio para que a protección lles permita autonomía, maduración e crecemento. Os nenos e nenas están nun período de desenvolvemento e precisan, para completalo, vivir as súas propias experiencias e afrontar os seus problemas. A pregunta é…cómo facelo?”.

Cómo protexer sen sobreprotexer

Continuar leyendo “Charla: “Cómo Protexer sen Sobreprotexer””