“A NOITE É XOVEN” – Xornada lúdica e astronómica

Bo día familias:

Chega o fin de curso, e para festexalo a ANPA do Martín Códax, en colaboración co Colexio, organiza o próximo VENRES 25 DE MAIO ás 18.00h no Colexio: 

Observacion-estrellas

 

“A NOITE É XOVEN”

Xornada lúdica e astronómica

 

 

Durante a xornada poderemos desfrutar da seguinte PROGRAMACIÓN:

  • Dende as 18:00h ás 22:30h: Actividades lúdicas e xogo libre.
  • Dende as 20:30h en adiante: A Agrupación Astronómica Rías Baixas ofreceranos:
    • 20.30h-21.30h Charla de introdución á Astronomía e Planetario Virtual.
    • 21.30h-22.45h Descanso para cear e montaxe de telescopios mentres cae a noite.
    • A partir das 22.45h realizaremos unha Observación astronómica que consistirá en:
      • Visionado e explicación do ceo a simple vista (constelacións, satélites artificiais, a estrela polar…) .
      • Observación telescópica de todo o visible no ceo esa noite (Xúpiter, Lúa, Venus, algunha Estrela Dobre…).

COUSAS IMPORTANTES A TER EN CONTA:

  • Está convidada toda a comunidade escolar a pasar este día con nós: Nais, Pais, Mestres, e nenos e nenas de todas as idades.
  • Contarase con telescopios para a observación, pero todos aqueles que teñades telescopio ou prismáticos na casa podedes traelos para facer a observación e aprender a utilizalos.
  • Para participar na xornada é preciso facer unha INSCRICIÓN a través do noso blog antes do 15 de maio. Necesaria para unha mellor organización.

RECOMENDACIÓNS

  • Vir con roupa de abrigo, mantas ou sacos.
  • A cea será responsabilidade de cadaquén pero o alumnado de 4o da Eso porá á venda bocadillos e bebidas.
  • Todos os nenos deberán estar acompañados por un adulto.

¡¡Esperámosvos a todos!!

Equipo Directivo

Anpa Martín Códax

7 comentarios sobre ““A NOITE É XOVEN” – Xornada lúdica e astronómica

  1. Bos días,

    Paréceme moi interesante a xornada do día 25 de maio, a noite é xoven. Gustaríame saber a qué hora se estima que remate a actividade.

    Un saudo

    Me gusta

    1. Bo día,

      Non hai establecida unha hora de finalización. A Agrupación Astronómica confirmou que todos os nenos e nenas que asistan a xornada poderan ver a través dos seus telescopios, así que dependerá do número de inscritos.
      E moitas grazas polas tus palabras.

      Un saudo

      Me gusta

  2. Hola.
    Llego tarde, si cabe la posibilidad de apuntarse, seríamos 4 ; 2 adultos , 1 de 15 y otro de 10 años.
    Muchas gracias y mucha suerte .

    Me gusta

Deja un comentario