Cambio de data da Xornada “A noite é xoven”

Bo día familias:

Debido as condicións climatolóxicas adversas vémonos obrigados a cambiar de data a Xornada “A noite é xoven” que estaba programada para este venres 25 de maio ás 18.00h. A xornada  realizarase finalmente:

 

“A NOITE É XOVEN”

Xornada lúdica e astronómica

VENRES, 8 DE XUÑO, ÁS 18.30h.

Colexio Martín Códax

IMPORTANTE: Para unha mellor organización rogamos os que xa se inscribiron que si non poden asistir o 8 de xuño manden un correo a anpamartincodax@gmail.com informando da súa non asistencia. Así mesmo, se algún non inscrito para o 25 de maio quere vir a nova data poderá facelo a través da mesma dirección ata o 28 de maio.

INFORMACIÓN DA XORNADA

Durante a xornada poderemos desfrutar da seguinte PROGRAMACIÓN:

  • Dende as 18:30h ás 23:00h: Actividades lúdicas e xogo libre a cargo de Barafunda.
  • Dende as 20:30h en adiante: A Agrupación Astronómica Rías Baixas ofreceranos:
    • 20.30h-21.45h Charlas de introdución á Astronomía e Planetario Virtual.
    • 21.45h-23.00h Descanso para cear e montaxe de telescopios mentres cae a noite.
    • A partir das 23.00 realizaremos unha Observación astronómica que consistirá en:
      • Visionado e explicación do ceo a simple vista (constelacións, satélites artificiais, a estrela polar…) .
      • Observación telescópica de todo o visible no ceo esa noite.

RECOMENDACIÓNS

  • Contarase con telescopios para a observación, pero todos aqueles que teñades telescopio  ou prismáticos na casa podedes traelos para facer a observación e aprender a utilizalos.
  • Vir con roupa de abrigo, mantas ou sacos.
  • A cea será responsabilidade de cadaquén pero o alumnado de 4o da Eso porá á venda bocadillos e bebidas.
  • Todos os nenos deberán estar acompañados por un adulto.

Sentimos moito as molestias ocasionadas.

¡¡Esperámosvos a todos!!

Equipo Directivo

Anpa Martín Códax

Anuncios

2 comentarios sobre “Cambio de data da Xornada “A noite é xoven”

    1. Buenas tardes, Belén. Este año no podrán asistir personas ajenas al colegio por problemas de aforo de la actividad y además porque el seguro de Responsabilidad Civil que tiene el colegio cubre únicamente a los niños matriculados en el cole en caso de cualquier eventualidad que pueda surgir ese día. Lo sentimos.

      Un saludo,
      ANPA Colexio Martín Códax

      Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s