Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN”

Bo día familias:

Di o refrán aquelo de que “…..á terceira vai a vencida” así que, para non contradecilo, dende a ANPA decidimos acollernos ao dito e presentarvos de novo:

DOCU_GRUPO

“A NOITE É XOVEN”

Xornada lúdica e astronómica

Venres, 19 de outubro, ás 17.30h.

PROGRAMACIÓN

  • Dende as 17:30h ás 21:00h: Actividades lúdicas e xogo libre a cargo de Barafunda.
  • Dende as 19:30h en adiante: A Agrupación Astronómica Rías Baixas ofreceranos:
    • 19.30h-21:00h Charlas de introdución á Astronomía e Planetario Virtual.
    • 21.00h-21.30h Descanso para cear e montaxe de telescopios.
    • A partir das 21.30 realizaremos unha Observación astronómica que consistirá en:
      • Visionado e explicación do ceo a simple vista (constelacións, satélites artificiais, a estrela polar…) .
      • Observación telescópica de todo o visible no ceo esa noite.

COUSAS IMPORTANTES A TER EN CONTA

  • Está convidada toda a comunidade escolar a pasar este día con nós: Nais, Pais, Mestres, e nenos e nenas de todas as idades.
  • Contarase con telescopios para a observación, pero todos aqueles que teñades telescopio ou prismáticos na casa podedes traelos para facer a observación e aprender a utilizalos.
  • Para participar na xornada é preciso facer unha INSCRICIÓN a través do noso blog con data límite do 14 de outubro. Necesaria para unha mellor organización.

RECOMENDACIÓNS

  • Vir con roupa de abrigo, mantas ou sacos.
  • A cea será responsabilidade de cadaquén pero o alumnado de 4º da Eso porá á venda bocadillos e bebidas
  • Todos os nenos deberán estar acompañados por un adulto.

 

¡¡Esperámosvos a todos!!

Equipo Directivo

Anpa Martín Códax

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s