Convocadas as axudas para a adquisición de material escolar: curso 2017/2018

DOGA – CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Designed-by-Creativeart--Freepik-oay1ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18. Continuar leyendo “Convocadas as axudas para a adquisición de material escolar: curso 2017/2018”

Gran comezo da Escola de Nais e Pais do Martín Códax

Dende a Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax queremos darvos as grazas a todos pola vosa participación no primeiro obradorio da Escola de Nais e Pais que tivo lugar no Colexio o pasado 18 de maio, “30 pautas básicas para unha educación eficaz”.

IMG_20170518_200920

Continuar leyendo “Gran comezo da Escola de Nais e Pais do Martín Códax”

Escola de Nais e Pais do Martín Códax

Bo día familias:

Dende a ANPA do Colexio Martín Códax, queremos darvos a benvida a este novo espazo do blog dedicado a nosa Escola de Nais e Pais do Martín Códax, cuxo principal obxectivo será o de proporcionar ferramentas e formación aos pais.

Para comezar queremos convidarvos á primeira charla-obradoiro que terá lugar o vindeiro xoves 18 de maio ás 19:30 horas no Colexio.

Esta charla-obradoiro leva por título “30 pautas básicas para unha educación eficaz”  e será impartida por María Ferreiro (Licenciada en Psicoloxía – Directora do Instituto do Tratamento da Conduta).

Continuar leyendo “Escola de Nais e Pais do Martín Códax”

Modificación do procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

DOGA – CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

digital composite of School materials and apple with library background

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Continuar leyendo “Modificación do procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos”