Gran comezo da Escola de Nais e Pais do Martín Códax

Dende a Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax queremos darvos as grazas a todos pola vosa participación no primeiro obradorio da Escola de Nais e Pais que tivo lugar no Colexio o pasado 18 de maio, “30 pautas básicas para unha educación eficaz”.

IMG_20170518_200920

Continuar leyendo “Gran comezo da Escola de Nais e Pais do Martín Códax”

Alumnos do Colexio interpretan Johnny G

Foi no ano 2015 cando o grupo sueco, Badpojken, compuxo o tema ‘Johnny G (The Guidetti Song)’ para homenaxear ao campeón de Europa SUB-21 coa selección sueca, John Guidetti. Foi un ídolo para todo un país nese momento, e agora segue sendo o sono de moitos nenos vigueses.

O actual dianteiro do Celta levanta paixóns, e por iso os nenos e nenas de primaria do Colexio Martín Códax quixeron convidar ao xogador a visitar o noso cole dunha maneira moi especial, creando unha orixinal versión da canción, cun impresionante ‘Mannequin Challenge’ incluido.

Dende a ANPA queremos colaborar en facer chegar esta mensaxe…  John Guidetti, estás convidado a nosa escola. ¡¡Os nosos nenos e nenas te esperan!!