Actividade Escola de Tenis, xoves 5 e de decembro – Inscrición

Ola familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o xoves día 5  de decembro unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra, cerca do CUVI). O custo da actividade será de 8€ día e nen@ inscrito e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis de Vigo.

Para realizar a inscrición é preciso facelo a través do seguinte formulario: 

Formulario inscrición 

O número mínimo de alumn@s para desenvolver a actividade é de 10 e o máximo será de 60. Na formación dos grupos terase en conta as idades d@s nen@s para garantir que a actividade funcione axeitadamente. 

Seguirase o criterio da orde de inscrición para a asignación das prazas dispoñibles sendo o único medio para facelo a cumprimentación do formulario. Terán prioridade no acceso á actividade @s fill@s d@s soci@s da ANPA

As datas límite para realizar as inscricións será o mércores 4 de decembro ás 12:00 horas. 

Non é preciso que os nen@s traían ningún tipo de material deportivo xa que todo o que sexa relevante para a realización da actividade corre a cargo da Escola de Tenis de Vigo.

O que sí será preciso é:

  • Que os nen@s traían unha pequena merenda 
  • Vestimenta e calzado deportivo
  • Auga…………..importantísimo!!!!!
  • ………..e moitas gañas de pasalo ben

A ter en conta:

Dirección: MERCANTIL Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra (cerca do CUVI)

Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas

Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas

Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas

Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto)

Atentamente

Equipo Directivo ANPA

 

Actividade Escola de Tenis, xoves 20 e venres 21 de xuño – Inscrición

Tennis ball at the hard court corner lineOla familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o xoves día 20 e venres día 21 de xuño unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra, cerca do CUVI). O custo da actividade será de 6€ día e nen@ inscrito e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis de Vigo.

Para realizar a inscrición é preciso facelo a través do seguinte formulario:

*Instruccións: para velo enteiro facer scroll sobre o propio formulario, encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar.

O número mínimo de alumn@s para desenvolver a actividade é de 10 e o máximo será de 60. Na formación dos grupos terase en conta as idades d@s nen@s para garantir que a actividade funcione axeitadamente.

Seguirase o criterio da orde de inscrición para a asignación das prazas dispoñibles sendo o único medio para facelo a cumprimentación do formulario. Terán prioridade no acceso á actividade @s fill@s d@s soci@s da ANPA

As datas límite para realizar as inscricións van dende o xoves 13 de xuño ás 16:00h horas ata o martes 18 de xuño ás 12:00 horas.

Non é preciso que os nen@s traían ningún tipo de material deportivo xa que todo o que sexa relevante para a realización da actividade corre a cargo da Escola de Tenis de Vigo.

O que sí será preciso é:

  • Que os nen@s traían unha pequena merenda
  • Vestimenta e calzado deportivo
  • Auga…………..importantísimo!!!!!
  • ………..e moitas gañas de pasalo ben

 

Dirección: MERCANTIL Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra (cerca do CUVI)

Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas

Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas

Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas

Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto)

Atentamente

Equipo Directivo ANPA

Foto de línea creado por jcomp – www.freepik.es

 

XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS

educar en igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos. Continuar leyendo «XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS»

Actividade Escola de Tenis, martes 28 e mércores 29 de maio – Inscrición

Close-up view of tennis ball in net

Ola familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o martes 28 e mércores 29 de maio unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas de 3º Primaria do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra). O custo da actividade será de 6€/nen@/día e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis.

As datas límite para realizar as inscricións van dende o Xoves 23 de maio ata o Luns 27 de maio ás 17:00 horas. Non se contemplarán as inscricións realizadas fora desas datas. Continuar leyendo «Actividade Escola de Tenis, martes 28 e mércores 29 de maio – Inscrición»

Codaxiño 2019

Estimadas familias.

Dende a Anpa comprácenos comunicarvos que o vindeiro 25 de Maio celebraremos, en colaboracion co Colexio,  o Codaxiño 2019: unha actividade lúdico-deportiva dirixida a toda a comunidade escolar.

O evento celebrarase nas instalacións do Colexio.

Data evento 25/05/2019
Aberto a participación de todas ( Nais, Pais, Mestras…) e a todas as idades. 
Inicio das Actividades 16:00h – 21:30
Actividades lúdico – deportivas ao longo de todo o día.
Os alumnos da ESO encargaránse da venda de comida e bebidas.

Continuar leyendo «Codaxiño 2019»

Actividade Escola de Tenis, venres día 12 de abril – Inscrición

322990-P98GJH-976.JPG

Ola familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración coa Escola de Tenis de Vigo organiza o venres día 12 de abril unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Prantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra). O custo da actidade será de 6€/nen@/xornada. Deberán ser aboados directamente na Escola de Tenis. Continuar leyendo «Actividade Escola de Tenis, venres día 12 de abril – Inscrición»

Conferencia sobre Educación e Deporte nos Estados Unidos

descarga

A ANPA do Colexio Martín Códax organiza unha conferencia sobre Educación e Deporte nas Universidades dos Estados Unidos, e os programas de BECAS tanto deportivas como académicas que estas Universidades ofrecen.

Estos programas Universitarios están enfocados a rapaces e rapazas que puidesen estar interesado/as en cursar toda a carreira Universitaria ou parte dela nos Estados Unidos, puidendo optar por unha beca deportiva e/ou académica que facilite a cobertura dos gastos Universitarios. Continuar leyendo «Conferencia sobre Educación e Deporte nos Estados Unidos»

Recollida de alimentos e xoguetes – Luns 17 de decembro

Estimados pais e nais,

Un ano máis, imos colaborar con algunhas asociacións viguesas que axudan os veciños que están a atravesar unha difícil situación económica.

Este ano o Colexio fará unha recollida de alimentos por AFAN (Asociación Freijeiro de axuda o necesitado) e de xoguetes promovida por a ANPA e xestionada por S. Vicente de Paul.

Aqueles que o desexedes, poderedes traer calquera destes alimentos: conservas, legumes, pasta, arroz, fariña, maicena, aceite, cacao, leite condensada, mel, sucre, doces, marmelos…

En canto aos xoguetes, só aqueles que estean en bo estado.

Podedes levar o colexio ambas cousas o LUNS 17 DE DECEMBRO. É importante que sexa este día porque será cando as asociación farán a recollida.

Pregámosvos que traiades en bolsas separadas alimentos e xoguetes, xa que van a distintas asociacións.

A vosa colaboración de cada ano é exemplar e non recibimos máis que mostras de fonda gratitude das persoas encargadas de distribuir estas axudas.

Un cordial saúdo.

¡Felices Festas a todos!

 

Recursos para traballar a charla: «A importancia de almorzos e merendas»

materialdeapoyomartincodax

En novembro, dentro das actividades programadas na Escola de Nais e Pais, tivo lugar a charla-obradoiro «A IMPORTANCIA DE ALMORZOS E MERENDAS« impartida por Catalina Prieto de 24 Zanahorias, Master en Nutrición Humana e Saúde, especializada en educación nutricional e prevención, comunicación en saúde e restauración coletiva.

Como complemento a charla, dende 24 Zanahorias ofrécennos os seguintes recursos para que poidades indagar un poco máis na súa proposta. Continuar leyendo «Recursos para traballar a charla: «A importancia de almorzos e merendas»»

Charla-obradoiro: «A importancia de almorzos e merendas»

desayunosymeriendas

Bo día familias:

Comezamos de novo coas charla-obradoiro para familias que iniciamos o pasado curso e
queremos retomar neste. A primeira delas será o VENRES 23 DE NOVEMBRO ÁS 19:30h na escola.

Retomamos tamén un tema con bastante demandada polas familias, e axeitado para todas as idades, A ALIMENTACIÓN dende un novo enfoque e centrado nos almorzos e merendas. Continuar leyendo «Charla-obradoiro: «A importancia de almorzos e merendas»»