Charla: “O amor”

Cartel Martín Códax (1)

Bo día familias:

Continuando coas charlas que estamos a facer dende a escola de nais e pais, no mes de febreiro imos probar cun tema que nos resultou interesante e que a tod@s dun xeito ou doutro incúmbenos e probablemente trataremos c@s nos@s fill@s nalgún momento.

A charla que leva por título “O AMOR” será impartida por Fonámbulos una entidade xoven e emerxente, con profesionais con moitas gañas de adentrarse no grupo de nais e pais.

Esta charla-obradoiro celebrarase o VENRES 23 DE FEBREIRO ás 19:30hs no colexio.

 

Entre outros aspectos falaremos:

A teoría do triángulo de Stemberg, tipos de amor na nosa sociedade

O amor coma produto cultural. É o amor romántico o verdadeiro amor?

Tabúes no amor; diferenza entre amor e paixón.

¡Esperamos que sexa do voso interese e poidamos compartir una boa xornada xuntos!

Directiva ANPA

 

 

Anuncios

Recursos para traballar a charla “Bullying: Previr, detectar, actuar”

O pasado venres, 26 de xaneiro, tivo lugar, dentro das actividades programadas na Escola de Nais e Pais, a charla-obradoiro “BULLYING: PREVIR, DETECTAR, ACTUAR” impartida por Silvia Barreiro Mariño (Psicopedagoga e membro de ADIAF; Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención familiar).

 

Dende a Directiva da ANPA queremos darvos as grazas a tódolas nais e pais pola boa acollida e amosarnos unha vez máis o voso apoio.

 

Ademáis, como vos comentamos o inicio da charla, dende ADIAF ofrécennos diferentes recursos para que poidades indagar un poco máis no tema proposto e traballar na vosa casa. Para acceder a eles só tendes que facer clic na imaxe que aparece a continuación e levaravos inmediatamente á páxina onde están os recursos. Esperamos que vos sexan de axuda.

Atentamente

Directiva ANPA