Actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo o 23 de marzo de 2018 – Inscripción

pen1449

Ola familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o venres día 23 de Marzo unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra, cerca do CUVI). O custo da actividade será de 8€ día e nen@ inscrito e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis de Vigo.

Para realizar a inscrición é preciso facelo a través do seguinte FORMULARIO:

*Instruccións: para velo enteiro facer scroll sobre o propio formulario, encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar.

O número mínimo de alumn@s para desenvolver a actividade é de 10 e o máximo será de 50. Na formación dos grupos terase en conta as idades d@s nen@s para garantir que a actividade funcione axeitadamente.

Seguirase o criterio da orde de inscrición para a asignación das prazas dispoñibles sendo o único medio para facelo a cumprimentación do formulario. Terán prioridade no acceso á actividade @s fill@s d@s soci@s da ANPA.

As datas límite para realizar as inscricións van dende o Luns 19 de marzo ás 16:00h horas ata o Xoves 22 de marzo ás 10:00 horas. Non se contemplarán as inscricións realizadas fora desas datas.

Non é preciso que os nen@s traían ningún tipo de material deportivo xa que todo o que sexa relevante para a realización da actividade corre a cargo da Escola de Tenis de Vigo.

O que sí será preciso é:

  • Que os nen@s traían unha pequena merenda
  • Vestimenta e calzado deportivo
  • Auga…………..importantísimo!!!!!
  • ………..e moitas gañas de pasalo ben

A ter en conta:

Dirección: MERCANTIL Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra (cerca do CUVI)

Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas

Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas

Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas

Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto)

Atentamente

Equipo Directivo ANPA

 

Anuncios

Inscripción Actividade Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 21 e 22 de decembro

Ola familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración coa Escola de Tenis de Vigo organiza os vindeiros días 21 e 22 de decembro (xoves e venres da próxima semana) unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no IFEVI. O custo da actividade será de 4€ por día e nen@ inscrito e deberá ser abonado, de forma directa, na Escola de Tenis de Vigo.

As datas límite para realizar as inscricións van dende o Venres 15 de decembro ás 16.00 horas ata o Martes 19 de decembro ás 17:00 horas. Non se contemplarán as inscricións realizadas fora desas datas. Continuar leyendo “Inscripción Actividade Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 21 e 22 de decembro”

Admitid@s actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo – 22 e 23 de Xuño

Boas tardes familias,

Unha vez analizadas as solicitudes recibidas e confirmados os grupos en función das idades d@s nen@s, dende a ANPA enviamos a tódalas familias que obtiveron praza un mail de confirmación para cada unha das xornadas.

Recordade que é preciso que @s nen@s leven unha pequena merenda, auga e vestimenta e calzado deportivo.

Soamente nos queda agradecervos a confianza depositada en nós.

Agardamos que @s nen@s disfruten connosco do seu primero día de vacacións.

Atentamente,

Equipo Directivo ANPA

 

INFORMACIÓN XERAL

Dirección: IFEVI (Avenida do Aeroporto 772 – Vigo)

Entrando no edificio principal, pasillo da esquerda. Seguir as indicacións.

Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas

Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas

Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas

Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto)