Charla: “Cómo Protexer sen Sobreprotexer”

¡Bo día familias!

Seguindo coa actividade programa pola Escola de Nais e Pais do Martín Códax, convidámosvos á charla-obradoiro que terá lugar este xoves 23 de Novembro ás 19:00 horas no Colexio.

Esta charla-obradoiro leva por título “Cómo Protexer sen Sobreprotexer” impartida por José Cardama Barrientos (Psicólogo e Terapeuta Familiar. Premio Reina Sofía 2013 de Rehabilitación e Integración en Atención Temprana – GAT)

“A protección é algo natural, adaptativo, instintivo e necesario para a supervivencia pero debemos atopar un equilibrio para que a protección lles permita autonomía, maduración e crecemento. Os nenos e nenas están nun período de desenvolvemento e precisan, para completalo, vivir as súas propias experiencias e afrontar os seus problemas. A pregunta é…cómo facelo?”.

Cómo protexer sen sobreprotexer

Continuar leyendo “Charla: “Cómo Protexer sen Sobreprotexer””

Anuncios

Admitid@s actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo – 22 e 23 de Xuño

Boas tardes familias,

Unha vez analizadas as solicitudes recibidas e confirmados os grupos en función das idades d@s nen@s, dende a ANPA enviamos a tódalas familias que obtiveron praza un mail de confirmación para cada unha das xornadas.

Recordade que é preciso que @s nen@s leven unha pequena merenda, auga e vestimenta e calzado deportivo.

Soamente nos queda agradecervos a confianza depositada en nós.

Agardamos que @s nen@s disfruten connosco do seu primero día de vacacións.

Atentamente,

Equipo Directivo ANPA

 

INFORMACIÓN XERAL

Dirección: IFEVI (Avenida do Aeroporto 772 – Vigo)

Entrando no edificio principal, pasillo da esquerda. Seguir as indicacións.

Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas

Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas

Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas

Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto)

Actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 22 e 23 de xuño – Inscripción

Bo día familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración coa Escola de Tenis de Vigo organiza os vindeiros días 22 e 23 de xuño (xoves e venres da próxima semana) unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no IFEVI. O custo da actividade será de 3€ por día e nen@ inscrito e deberá ser abonado, de forma directa, na Escola de Tenis de Vigo

Para realizar a inscrición é preciso facelo a través do seguinte FORMULARIO:

*Instruccións: para velo enteiro facer scroll sobre o propio formulario, encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar.

Continuar leyendo “Actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 22 e 23 de xuño – Inscripción”

Escola de Tenis de Vigo para os nen@s de 3º de primaria do Colexio — días 30 e 31 de Maio

academia-de-tenis-indoor-ifeviA Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración coa Escola de Tenis de Vigo organiza os vindeiros días 30 e 31 de Maio (martes e mércores) unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas de terceiro de primaria do Colexio Martín Códax.

O custo da actividade será de 3€ por día e nen@ inscrito.

Para realizar a inscrición é preciso facelo enviando un mail a anpamartincodax@gmail.com indicando nome e apelidos do nen@ xunto cun teléfono de contacto.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no IFEVI.

Non é preciso que os nen@s traían ningún tipo de material deportivo xa que todo o que sexa relevante para a realización da actividade corre a cargo da Escola de Tenis de Vigo. Continuar leyendo “Escola de Tenis de Vigo para os nen@s de 3º de primaria do Colexio — días 30 e 31 de Maio”

Gran comezo da Escola de Nais e Pais do Martín Códax

Dende a Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax queremos darvos as grazas a todos pola vosa participación no primeiro obradorio da Escola de Nais e Pais que tivo lugar no Colexio o pasado 18 de maio, “30 pautas básicas para unha educación eficaz”.

IMG_20170518_200920

Continuar leyendo “Gran comezo da Escola de Nais e Pais do Martín Códax”

Escola de Nais e Pais do Martín Códax

Bo día familias:

Dende a ANPA do Colexio Martín Códax, queremos darvos a benvida a este novo espazo do blog dedicado a nosa Escola de Nais e Pais do Martín Códax, cuxo principal obxectivo será o de proporcionar ferramentas e formación aos pais.

Para comezar queremos convidarvos á primeira charla-obradoiro que terá lugar o vindeiro xoves 18 de maio ás 19:30 horas no Colexio.

Esta charla-obradoiro leva por título “30 pautas básicas para unha educación eficaz”  e será impartida por María Ferreiro (Licenciada en Psicoloxía – Directora do Instituto do Tratamento da Conduta).

Continuar leyendo “Escola de Nais e Pais do Martín Códax”