Recollida de alimentos e xoguetes – Luns 17 de decembro

Estimados pais e nais,

Un ano máis, imos colaborar con algunhas asociacións viguesas que axudan os veciños que están a atravesar unha difícil situación económica.

Este ano o Colexio fará unha recollida de alimentos por AFAN (Asociación Freijeiro de axuda o necesitado) e de xoguetes promovida por a ANPA e xestionada por S. Vicente de Paul.

Aqueles que o desexedes, poderedes traer calquera destes alimentos: conservas, legumes, pasta, arroz, fariña, maicena, aceite, cacao, leite condensada, mel, sucre, doces, marmelos…

En canto aos xoguetes, só aqueles que estean en bo estado.

Podedes levar o colexio ambas cousas o LUNS 17 DE DECEMBRO. É importante que sexa este día porque será cando as asociación farán a recollida.

Pregámosvos que traiades en bolsas separadas alimentos e xoguetes, xa que van a distintas asociacións.

A vosa colaboración de cada ano é exemplar e non recibimos máis que mostras de fonda gratitude das persoas encargadas de distribuir estas axudas.

Un cordial saúdo.

¡Felices Festas a todos!

 

Anuncios

Inscrición Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN” – 19 de outubro

Para participar na xornada “A  Noite é Xoven” é preciso facer a seguinte INSCRICIÓN con data límite do 14 de outubro:

*Instruccións: Encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar. Continuar leyendo “Inscrición Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN” – 19 de outubro”

Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN”

Bo día familias:

Di o refrán aquelo de que “…..á terceira vai a vencida” así que, para non contradecilo, dende a ANPA decidimos acollernos ao dito e presentarvos de novo:

DOCU_GRUPO

“A NOITE É XOVEN”

Xornada lúdica e astronómica

Venres, 19 de outubro, ás 17.30h.

Continuar leyendo “Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN””

Aprazamento – Xornada “A noite é xoven”

Bo día familias:

Debido a que as previsións climatolóxicas para este venres, 8 de xuño, seguen a ser de choiva e néboas, vémonos na obriga de APRAZAR de novo a Xornada “A Noite é Xoven”.

Deixamos a porta aberta para organizala no mes de setembro coma inicio de curso para a ANPA.

Desculpade as molestias que vos puidese ocasionar.

Un saúdo,

Equipo Directivo

Anpa Martín Códax

Actividade Escola de Tenis 29-30 maio – Inscrición

clasestenis2017veranoOla familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o martes e mércores día 29 e 30 de Maio unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra, preto do CUVI). O custo da actividade será de 4€ día e nen@ inscrito e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis de Vigo. Continuar leyendo “Actividade Escola de Tenis 29-30 maio – Inscrición”

Cambio de data da Xornada “A noite é xoven”

Bo día familias:

Debido as condicións climatolóxicas adversas vémonos obrigados a cambiar de data a Xornada “A noite é xoven” que estaba programada para este venres 25 de maio ás 18.00h. A xornada  realizarase finalmente:

 

“A NOITE É XOVEN”

Xornada lúdica e astronómica

VENRES, 8 DE XUÑO, ÁS 18.30h.

Colexio Martín Códax

Continuar leyendo “Cambio de data da Xornada “A noite é xoven””

Actividade Escola de Tenis 23-24 maio – Inscrición

mercantilOla familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o mércores e xoves día 23 e 24 de maio unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra, cerca do CUVI). O custo da actidade será de 4€ día e nen@ inscrito e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis de Vigo. Continuar leyendo “Actividade Escola de Tenis 23-24 maio – Inscrición”