Recursos para traballar a charla “Bullying: Previr, detectar, actuar”

O pasado venres, 26 de xaneiro, tivo lugar, dentro das actividades programadas na Escola de Nais e Pais, a charla-obradoiro “BULLYING: PREVIR, DETECTAR, ACTUAR” impartida por Silvia Barreiro Mariño (Psicopedagoga e membro de ADIAF; Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención familiar).

 

Dende a Directiva da ANPA queremos darvos as grazas a tódolas nais e pais pola boa acollida e amosarnos unha vez máis o voso apoio.

 

Ademáis, como vos comentamos o inicio da charla, dende ADIAF ofrécennos diferentes recursos para que poidades indagar un poco máis no tema proposto e traballar na vosa casa. Para acceder a eles só tendes que facer clic na imaxe que aparece a continuación e levaravos inmediatamente á páxina onde están os recursos. Esperamos que vos sexan de axuda.

Atentamente

Directiva ANPA

 

Anuncios

Charla-Obradoiro_ “Bullying: Previr, detectar, actuar”

Bo día familias:

Seguimos a encher de contidos a Escola de Nais e Pais do Martín Códax, e por iso convidámosvos á charla-obradoiro que terá lugar o venres 26 de xaneiro ás 19:30 horas no Colexio.

Esta charla-obradoiro leva por título “BULLYING: PREVIR, DETECTAR, ACTUAR” impartida por Silvia Barreiro Mariño (Psicopedagoga e membro de ADIAF; Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención familiar).

Entre outros aspectos, falaranos de:

“Qué é o bullying e cómo podemos identificalo a través de signos de alarma. Cal é a diferenza entre Bullying e outras condutas e situación que non  o son? PREVENCIÓN.

¿Qué podemos facer as nais/pais? Coñecer ferramentas e protocolos existentes”. Continuar leyendo “Charla-Obradoiro_ “Bullying: Previr, detectar, actuar””