Todo listo para enviar o pobo de Siria

Dende a ANPA Martín Códax e a Asociación de Apoio ó pobo de Siria queremos agradecer a dirección, profesorado e persoal do Colexio Martín Códax, así coma os pais, a vosa colaboración e axuda na recollida de materiais de primeira necesidade para enviar a Siria.

O pasado xoves a ANPA transportou todo ata a nave onde varios voluntarios organizaron e clasificaron o material antes da súa viaxe de partida. Deixámosvos unhas fotos para que vexades o gran traballo realizado entre todos.  Continuar leyendo “Todo listo para enviar o pobo de Siria”

Recollida de materiais – Próximo envío a Siria

ayudaasiria

Por segundo ano consecutivo a Asociación de Apoio ó pobo de Siria pon en marcha unha recollida de materiais de primeira necesidade para envialo a Siria, nun momento en que a axuda humanitaria é máis necesaria que nunca.

Dende a ANPA do Martín Códax queremos convidarvos a participar nesta doazón, a través do colexio, os días 8, 9 e 10 de novembro.

Continuar leyendo “Recollida de materiais – Próximo envío a Siria”