ANPA

Estimad@s nais e país:

Todas as persoas que formamos parte da Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax queremos darvos a benvida o noso espazo e facervos chegar a ilusión coa que iniciamos este novo proxecto.

Entendemos que a educación é tarefa de todos e todas e por ello a nosa principal misión é a de traballar co obxectivo de favorecer e mellorar a educación dos nosos fillos e fillas.

Como ANPA queremos cumprir una importante función dentro da nosa comunidade escolar, apoiando ao centro en todo o que nos solicite, exercendo de ponte entre as familias e o centro, sempre co fin de acadar uns intereses comúns.

Queremos ser unha asociación dinámica á que todos e todas acheguedes a vosa opinión e ideas. Cantos máis sexamos maior peso teremos á hora de facer as propostas e reivindicacións que sexan precisas.

A participación é voluntaria. Por ende, dende aquí queremos anirmarvos a que vos asociedes. Coa ilusión, o traballo e o esforzo de cada un de nós seremos capaces de disfrutar, un pouco máis se cabe da labor de ser nais e pais.

Recibide unha forte aperta,

A Xunta Directiva