Actividade Escola de Tenis, xoves 20 e venres 21 de xuño – Inscrición

Tennis ball at the hard court corner lineOla familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o xoves día 20 e venres día 21 de xuño unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra, cerca do CUVI). O custo da actividade será de 6€ día e nen@ inscrito e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis de Vigo.

Para realizar a inscrición é preciso facelo a través do seguinte formulario:

*Instruccións: para velo enteiro facer scroll sobre o propio formulario, encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar.

O número mínimo de alumn@s para desenvolver a actividade é de 10 e o máximo será de 60. Na formación dos grupos terase en conta as idades d@s nen@s para garantir que a actividade funcione axeitadamente.

Seguirase o criterio da orde de inscrición para a asignación das prazas dispoñibles sendo o único medio para facelo a cumprimentación do formulario. Terán prioridade no acceso á actividade @s fill@s d@s soci@s da ANPA

As datas límite para realizar as inscricións van dende o xoves 13 de xuño ás 16:00h horas ata o martes 18 de xuño ás 12:00 horas.

Non é preciso que os nen@s traían ningún tipo de material deportivo xa que todo o que sexa relevante para a realización da actividade corre a cargo da Escola de Tenis de Vigo.

O que sí será preciso é:

  • Que os nen@s traían unha pequena merenda
  • Vestimenta e calzado deportivo
  • Auga…………..importantísimo!!!!!
  • ………..e moitas gañas de pasalo ben

 

Dirección: MERCANTIL Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra (cerca do CUVI)

Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas

Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas

Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas

Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto)

Atentamente

Equipo Directivo ANPA

Foto de línea creado por jcomp – www.freepik.es

 

Anuncios