XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS

educar en igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos. Continuar leyendo «XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS»

Conferencia sobre Educación e Deporte nos Estados Unidos

descarga

A ANPA do Colexio Martín Códax organiza unha conferencia sobre Educación e Deporte nas Universidades dos Estados Unidos, e os programas de BECAS tanto deportivas como académicas que estas Universidades ofrecen.

Estos programas Universitarios están enfocados a rapaces e rapazas que puidesen estar interesado/as en cursar toda a carreira Universitaria ou parte dela nos Estados Unidos, puidendo optar por unha beca deportiva e/ou académica que facilite a cobertura dos gastos Universitarios. Continuar leyendo «Conferencia sobre Educación e Deporte nos Estados Unidos»

Charla: “O amor”

Cartel Martín Códax (1)

Bo día familias:

Continuando coas charlas que estamos a facer dende a escola de nais e pais, no mes de febreiro imos probar cun tema que nos resultou interesante e que a tod@s dun xeito ou doutro incúmbenos e probablemente trataremos c@s nos@s fill@s nalgún momento.

A charla que leva por título “O AMOR” será impartida por Fonámbulos una entidade xoven e emerxente, con profesionais con moitas gañas de adentrarse no grupo de nais e pais.

Esta charla-obradoiro celebrarase o VENRES 23 DE FEBREIRO ás 19:30hs no colexio. Continuar leyendo «Charla: “O amor”»

Charla: “Cómo Protexer sen Sobreprotexer”

¡Bo día familias!

Seguindo coa actividade programa pola Escola de Nais e Pais do Martín Códax, convidámosvos á charla-obradoiro que terá lugar este xoves 23 de Novembro ás 19:00 horas no Colexio.

Esta charla-obradoiro leva por título “Cómo Protexer sen Sobreprotexer” impartida por José Cardama Barrientos (Psicólogo e Terapeuta Familiar. Premio Reina Sofía 2013 de Rehabilitación e Integración en Atención Temprana – GAT)

«A protección é algo natural, adaptativo, instintivo e necesario para a supervivencia pero debemos atopar un equilibrio para que a protección lles permita autonomía, maduración e crecemento. Os nenos e nenas están nun período de desenvolvemento e precisan, para completalo, vivir as súas propias experiencias e afrontar os seus problemas. A pregunta é…cómo facelo?».

Cómo protexer sen sobreprotexer

Continuar leyendo «Charla: “Cómo Protexer sen Sobreprotexer”»

Charla-Obradoiro: «A Era da Tecnoloxía: Cómo Fomentar un Uso Axeitado»

¡Bos días nais e país!

Toca empezar a traballar de novo, iniciamos a nosa andadura neste curso escolar 2017-2018 dándolle continuidade á nosa Escola de Nais e Pais do Colexio Martín Códax.

Convidámosvos á primeira charla-obradoiro deste novo ano escolar: “A Era da Tecnoloxía: Cómo Fomentar un Uso Axeitado”. Continuar leyendo «Charla-Obradoiro: «A Era da Tecnoloxía: Cómo Fomentar un Uso Axeitado»»

Charla-obradoiro: “30 pautas básicas para unha educación eficaz”

itca1

O vindeiro xoves, 18 de maio, terá lugar ás 19:30 horas no Colexio a primeira charla-obradoiro da Escola de Nais e Pais do Colexio Martín Códax.

A charla será impartida por María Ferreiro, Directora do Instituto do Tratamento da Conduta.

EDUCACIÓN EFICAZ 30 PAUTAS INDISPENSABLES

Continuar leyendo «Charla-obradoiro: “30 pautas básicas para unha educación eficaz”»

Xornada de Folga o día 9 de marzo de 2017

Estimadas familias, seguindo coa liña de apoio a escola, informamos que o vindeiro xoves día 9 de marzo está convocada unha folga en todos os niveis educativos, promovida entre outros, pola plataforma galega en defensa do ensino público.

Para ampliar información sobre o manifesto da folga , podedes consultar na web da plataforma anteriormente mencionada.

INFORMACIÓN NA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO – VER

INFORMACIÓN DO COLEXIO SOBRE A FOLGA – VER