Codaxiño 2019

Estimadas familias.

Dende a Anpa comprácenos comunicarvos que o vindeiro 25 de Maio celebraremos, en colaboracion co Colexio,  o Codaxiño 2019: unha actividade lúdico-deportiva dirixida a toda a comunidade escolar.

O evento celebrarase nas instalacións do Colexio.

Data evento 25/05/2019
Aberto a participación de todas ( Nais, Pais, Mestras…) e a todas as idades. 
Inicio das Actividades 16:00h – 21:30
Actividades lúdico – deportivas ao longo de todo o día.
Os alumnos da ESO encargaránse da venda de comida e bebidas.

A previsión de actividades lúdico-deportivas que se van desenvolver no Codaxiño son:

  • Slackline
  • Fútbol
  • Baloncesto
  • Patinaxe
  • Tenis
  • Skate
  • Break-Dance
  • Mural Tridimensional
  • ……e algunha que outra sorpresa

Coma sempre, contaremos coa inestimable colaboración do alumnado de 4º ESO quen se fará cargo do avituallamento.

Para poder facer unha estimación das persoas asistentes faise preciso que contemos cunha previsión o máis axustada á realidade para garantir así non soamente o éxito do Codaxiño 2019 senón tamén a seguridade vencellada a cada actividade. Por iso, solicitamos que cubrades o seguinte formulario de inscrición:

*Instruccións: para velo enteiro facer scroll sobre o propio formulario, encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar.

Coma sempre, será un pracer contar con vós.

Atentamente,

Equipo Directivo
Anpa Martín Códax

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s