Actividade Escola de Tenis, venres día 12 de abril – Inscrición

322990-P98GJH-976.JPG

Ola familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración coa Escola de Tenis de Vigo organiza o venres día 12 de abril unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Prantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra). O custo da actidade será de 6€/nen@/xornada. Deberán ser aboados directamente na Escola de Tenis.

Para realizar a inscrición é preciso facelo a través do seguinte formulario:

*Instruccións: para velo enteiro facer scroll sobre o propio formulario, encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar.

O número mínimo de alumnos/as é de 10, e o máximo será de 60. Seguirase criterio da orde de inscrición para a asignación das prazas dispoñibles. Terán prioridade @s fill@s d@s soci@s da ANPA.

As datas límite para realizar as inscricións van dende o luns 8 de abril ata o mércores 10 de abril 2019 ás 12:00 horas. Non se contemplarán as inscricións realizadas fora desas datas.

Non é preciso que os nen@s traían ningún tipo de material deportivo xa que todo o que sexa relevante para a realización da actividade corre a cargo da Escola de Tenis de Vigo.

O que sí será preciso é:

  • Que os nen@s traían unha pequena merenda
  • Vestimenta e calzado deportivo
  • Auga…………..importantísimo!!!!!
  • ………..e moitas gañas de pasalo ben

A ter en conta:

Dirección: MERCANTIL Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra

Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas

Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas

Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas

Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto)

Atentamente

Equipo Directivo ANPA

 Foto de fondo creado por freepik – www.freepik.es

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s