Charla-obradoiro: “A importancia de almorzos e merendas”

desayunosymeriendas

Bo día familias:

Comezamos de novo coas charla-obradoiro para familias que iniciamos o pasado curso e
queremos retomar neste. A primeira delas será o VENRES 23 DE NOVEMBRO ÁS 19:30h na escola.

Retomamos tamén un tema con bastante demandada polas familias, e axeitado para todas as idades, A ALIMENTACIÓN dende un novo enfoque e centrado nos almorzos e merendas.

O obradoiro estará dirixido por Catalina Prieto, Master en Nutrición Humana e Saúde,
especializada en educación nutricional e prevención, comunicación en saúde e restauración coletiva. Divulgadora incansable y creadora de contidos para empresas e entidades relacionadas coa alimentación e a saúde. Pertence a entidade 24 Zanahorias.

Leva por título “A importancia de Almorzos e Merendas” , e entre outros aspectos tratarase:

  • Expoñer a situación actual e os factores de influencia nas patoloxías crónicas que se
    inician cada vez a idades máis temperás.
  • Trasladar estratexias máis actuáis e efectivas que permiten achegarnos coma nais e pais a un mellor status no referente á alimentación infantil.
  • Comunicar sobre a importancia de almorzos e merendas no conxunto da alimentación dos máis pequenos.
  • Tendencias, márketing alimentario, etc…mellores decisión alimentarias.
  • Concienciar sobre a importancia dunha mellora na educación alimentaria, maior
    responsabilidade e pasar á acción no noso día a día.
  • Resolver dúbidas de como facelo na práctica e cuestión relacionadas.

Esperamos que sexa do voso interese e poidamos compartir una boa xornada xuntos.

Saúdos

Equipo Directivo
Anpa Martín Códax

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s