Recursos para traballar a charla: “A importancia de almorzos e merendas”

materialdeapoyomartincodax

En novembro, dentro das actividades programadas na Escola de Nais e Pais, tivo lugar a charla-obradoiro “A IMPORTANCIA DE ALMORZOS E MERENDAS impartida por Catalina Prieto de 24 Zanahorias, Master en Nutrición Humana e Saúde, especializada en educación nutricional e prevención, comunicación en saúde e restauración coletiva.

Como complemento a charla, dende 24 Zanahorias ofrécennos os seguintes recursos para que poidades indagar un poco máis na súa proposta. Continuar leyendo “Recursos para traballar a charla: “A importancia de almorzos e merendas””

Anuncios

Charla-obradoiro: “A importancia de almorzos e merendas”

desayunosymeriendas

Bo día familias:

Comezamos de novo coas charla-obradoiro para familias que iniciamos o pasado curso e
queremos retomar neste. A primeira delas será o VENRES 23 DE NOVEMBRO ÁS 19:30h na escola.

Retomamos tamén un tema con bastante demandada polas familias, e axeitado para todas as idades, A ALIMENTACIÓN dende un novo enfoque e centrado nos almorzos e merendas. Continuar leyendo “Charla-obradoiro: “A importancia de almorzos e merendas””

10% desconto en ParK City

PARK CITY oferta un 10% de desconto a tódol@s soci@s do ANPA que desexen contratar os seus servizos para a celebración de cumpleanos.

descuento Park city

Quenes queirades facer uso do desconto ofertado teredes que enviarnos un mail a anpamartincodax@gmail.com indicando os seguintes datos:

Nome e Apelidos do soci@
Nome e apelidos do nen@ que vai celebrar o cumpleanos
Día no que se concertou co establecemento a celebración do cumpleanos.

Más información: http://www.parkcity.es/

Equipo Directivo

Anpa Martín Códax

Inscrición Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN” – 19 de outubro

Para participar na xornada “A  Noite é Xoven” é preciso facer a seguinte INSCRICIÓN con data límite do 14 de outubro:

*Instruccións: Encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar. Continuar leyendo “Inscrición Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN” – 19 de outubro”

Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN”

Bo día familias:

Di o refrán aquelo de que “…..á terceira vai a vencida” así que, para non contradecilo, dende a ANPA decidimos acollernos ao dito e presentarvos de novo:

DOCU_GRUPO

“A NOITE É XOVEN”

Xornada lúdica e astronómica

Venres, 19 de outubro, ás 17.30h.

Continuar leyendo “Xornada astronómica “A NOITE É XOVEN””

Aprazamento – Xornada “A noite é xoven”

Bo día familias:

Debido a que as previsións climatolóxicas para este venres, 8 de xuño, seguen a ser de choiva e néboas, vémonos na obriga de APRAZAR de novo a Xornada “A Noite é Xoven”.

Deixamos a porta aberta para organizala no mes de setembro coma inicio de curso para a ANPA.

Desculpade as molestias que vos puidese ocasionar.

Un saúdo,

Equipo Directivo

Anpa Martín Códax

Actividade Escola de Tenis 29-30 maio – Inscrición

clasestenis2017veranoOla familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o martes e mércores día 29 e 30 de Maio unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra, preto do CUVI). O custo da actividade será de 4€ día e nen@ inscrito e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis de Vigo. Continuar leyendo “Actividade Escola de Tenis 29-30 maio – Inscrición”