Bo día familias:
Chega o fin de curso, e para festexalo a ANPA do Martín Códax, en colaboración co Colexio, organiza o próximo VENRES 25 DE MAIO ás 18.00h no Colexio:
“A NOITE É XOVEN”
Xornada lúdica e astronómica
Durante a xornada poderemos desfrutar da seguinte PROGRAMACIÓN:
- Dende as 18:00h ás 22:30h: Actividades lúdicas e xogo libre.
- Dende as 20:30h en adiante: A Agrupación Astronómica Rías Baixas ofreceranos:
- 20.30h-21.30h Charla de introdución á Astronomía e Planetario Virtual.
- 21.30h-22.45h Descanso para cear e montaxe de telescopios mentres cae a noite.
- A partir das 22.45h realizaremos unha Observación astronómica que consistirá en:
- Visionado e explicación do ceo a simple vista (constelacións, satélites artificiais, a estrela polar…) .
- Observación telescópica de todo o visible no ceo esa noite (Xúpiter, Lúa, Venus, algunha Estrela Dobre…).
COUSAS IMPORTANTES A TER EN CONTA:
- Está convidada toda a comunidade escolar a pasar este día con nós: Nais, Pais, Mestres, e nenos e nenas de todas as idades.
- Contarase con telescopios para a observación, pero todos aqueles que teñades telescopio ou prismáticos na casa podedes traelos para facer a observación e aprender a utilizalos.
- Para participar na xornada é preciso facer unha INSCRICIÓN a través do noso blog antes do 15 de maio. Necesaria para unha mellor organización.
RECOMENDACIÓNS
- Vir con roupa de abrigo, mantas ou sacos.
- A cea será responsabilidade de cadaquén pero o alumnado de 4o da Eso porá á venda bocadillos e bebidas.
- Todos os nenos deberán estar acompañados por un adulto.
¡¡Esperámosvos a todos!!
Equipo Directivo
Anpa Martín Códax
Bos días,
Paréceme moi interesante a xornada do día 25 de maio, a noite é xoven. Gustaríame saber a qué hora se estima que remate a actividade.
Un saudo
Me gustaMe gusta
Bo día,
Non hai establecida unha hora de finalización. A Agrupación Astronómica confirmou que todos os nenos e nenas que asistan a xornada poderan ver a través dos seus telescopios, así que dependerá do número de inscritos.
E moitas grazas polas tus palabras.
Un saudo
Me gustaMe gusta
Bos días, inscribinme hoxe, ¿aínda é válido?
Me gustaMe gusta
Hola, Irene. Hoy todavía era válido inscribirse. Si ves que no has podido hacerlo mándanos un correo a anpamartincodax@gmail.com y lo solucionaremos. Un saludo
Me gustaMe gusta
Cubrí el número de asistentes y edades en el formulario, creo que no hacía falta nada más. Muchas gracias.
Me gustaMe gusta
Hola.
Llego tarde, si cabe la posibilidad de apuntarse, seríamos 4 ; 2 adultos , 1 de 15 y otro de 10 años.
Muchas gracias y mucha suerte .
Me gustaMe gusta
Hola, Isabel.
De acuerdo. Quedáis apuntados. ¡Nos vemos el 25!
Un saludo,
ANPA Martín Códax
Me gustaMe gusta