Ola familias,
A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o mércores e xoves día 23 e 24 de maio unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.
A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra, cerca do CUVI). O custo da actidade será de 4€ día e nen@ inscrito e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis de Vigo.
Para realizar a inscrición é preciso facelo a través do seguinte FORMULARIO:
*Instruccións: para velo enteiro facer scroll sobre o propio formulario, encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar.
O número mínimo de alumn@s para desenvolver a actividade é de 10 e o máximo será de 60. Na formación dos grupos terase en conta as idades d@s nen@s para garantir que a actividade funcione axeitadamente.
Seguirase o criterio da orde de inscrición para a asignación das prazas dispoñibles sendo o único medio para facelo a cumprimentación do formulario.
As datas límite para realizar as inscricións van dende o Martes 15 de maio ás 16:00h horas ata o Luns 21 de maio ás 14:00 horas. Non se contemplarán as inscricións realizadas fora desas datas.
Non é preciso que os nen@s traían ningún tipo de material deportivo xa que todo o que sexa relevante para a realización da actividade corre a cargo da Escola de Tenis de Vigo.
O que sí será preciso é:
- Que os nen@s traían unha pequena merenda.
- Vestimenta e calzado deportivo.
- Auga…………..importantísimo!!!!!
- ………..e moitas gañas de pasalo ben.
A ter en conta:
Dirección: MERCANTIL Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra (cerca do CUVI)
Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas
Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas
9:00 – 10:45: Mercantil Park
10:45 – 11:15 Descanso e Merenda
11:15 a 14:00: Tenis (Técnica/Xogos/ Partidos)
Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas
Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto) – Programación da Actividade
Atentamente,
Equipo Directivo ANPA.