Actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 22 e 23 de xuño – Inscripción

Bo día familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración coa Escola de Tenis de Vigo organiza os vindeiros días 22 e 23 de xuño (xoves e venres da próxima semana) unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no IFEVI. O custo da actividade será de 3€ por día e nen@ inscrito e deberá ser abonado, de forma directa, na Escola de Tenis de Vigo

Para realizar a inscrición é preciso facelo a través do seguinte FORMULARIO:

*Instruccións: para velo enteiro facer scroll sobre o propio formulario, encher tódolos campos e non vos esquecedes de darlle a enviar.

O número mínimo de alumn@s para desenvolver a actividade é de 10 e o máximo será de 50. Na formación dos grupos terase en conta as idades d@s nen@s para garantir que a actividade funcione axeitadamente.

Seguirase o criterio da orde de inscrición para a asignación das prazas dispoñibles sendo o único medio para facelo a cumprimentación do formulario. Terán prioridade no acceso á actividade @s fill@s d@s soci@s da ANPA.

A data límite para realizar as inscricións é o Martes 20 de Xuño ás 17:00 horas. Non se contemplarán as inscricións realizadas fora desa data.

SOBRE A ACTIVIDADE

Non é preciso que os nen@s traían ningún tipo de material deportivo xa que todo o que sexa relevante para a realización da actividade corre a cargo da Escola de Tenis de Vigo.

O que sí será preciso é:

  • Que os nen@s traían unha pequena merenda
  • Vestimenta e calzado deportivo
  • Auga…………..importantísimo !!!!!
  • ………..e moitas gañas de pasalo ben

A ter en conta:

Dirección: IFEVI (Avenida do Aeroporto 772 – Vigo)

Entrando no edificio principal, pasillo da esquerda. Seguir as indicacións.

Horario de Recepción: De 08:30 a 09:00 horas

Horario da Actividade: De 09:00 a 14:00 horas

Horario de Recollida: De 14:00 a 14:45 horas

Teléfono Escola de Tenis: 606 642 789 (Alejandro Soto)

 

Atentamente,

Equipo Directivo ANPA

 

 

 

 

 

Anuncios

Un comentario sobre “Actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 22 e 23 de xuño – Inscripción

  1. Hola!!estoy intentando inscribir a mi hijo ,pero al pulsar enviar ,salta a otra pantalla.
    No sé si os llegaron los datos pq no me lo confirma .
    Ya me contaréis,por si tengo q volver a hacerlo
    Graciassss

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s