Actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo o 23 de marzo de 2018 – Inscrición

pen1449

Ola familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración co Mercantil de Vigo organiza o venres día 23 de Marzo unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no MERCANTIL (Estrada das Plantas, 121, 36313 Vigo, Pontevedra, cerca do CUVI). O custo da actividade será de 8€ día e nen@ inscrito e deberá ser aboado no mesmo día ó responsable da Escola de Tenis de Vigo. Continuar leyendo “Actividade deportiva na Escola de Tenis de Vigo o 23 de marzo de 2018 – Inscrición”

Anuncios

Charla-Obradoiro: “A comunicación entre nais, pais e fillos”

¡Bo día nais e pais!

Continuamos coas actividades da nosa Escola o vindeiro VENRES DÍA 16  MARZO ÁS 19:30h na escola.

Desta volta falaremos sobre: “A comunicación entre nais, pais e fillos”

28618712_424350298021445_1849124910855494995_o (2)

Continuar leyendo “Charla-Obradoiro: “A comunicación entre nais, pais e fillos””

Charla: “O amor”

Cartel Martín Códax (1)

Bo día familias:

Continuando coas charlas que estamos a facer dende a escola de nais e pais, no mes de febreiro imos probar cun tema que nos resultou interesante e que a tod@s dun xeito ou doutro incúmbenos e probablemente trataremos c@s nos@s fill@s nalgún momento.

A charla que leva por título “O AMOR” será impartida por Fonámbulos una entidade xoven e emerxente, con profesionais con moitas gañas de adentrarse no grupo de nais e pais.

Esta charla-obradoiro celebrarase o VENRES 23 DE FEBREIRO ás 19:30hs no colexio. Continuar leyendo “Charla: “O amor””

Recursos para traballar a charla “Bullying: Previr, detectar, actuar”

O pasado venres, 26 de xaneiro, tivo lugar, dentro das actividades programadas na Escola de Nais e Pais, a charla-obradoiro “BULLYING: PREVIR, DETECTAR, ACTUAR” impartida por Silvia Barreiro Mariño (Psicopedagoga e membro de ADIAF; Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención familiar).

Continuar leyendo “Recursos para traballar a charla “Bullying: Previr, detectar, actuar””

Charla-Obradoiro_ “Bullying: Previr, detectar, actuar”

Bo día familias:

Seguimos a encher de contidos a Escola de Nais e Pais do Martín Códax, e por iso convidámosvos á charla-obradoiro que terá lugar o venres 26 de xaneiro ás 19:30 horas no Colexio.

Esta charla-obradoiro leva por título “BULLYING: PREVIR, DETECTAR, ACTUAR” impartida por Silvia Barreiro Mariño (Psicopedagoga e membro de ADIAF; Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención familiar).

Entre outros aspectos, falaranos de:

“Qué é o bullying e cómo podemos identificalo a través de signos de alarma. Cal é a diferenza entre Bullying e outras condutas e situación que non  o son? PREVENCIÓN.

¿Qué podemos facer as nais/pais? Coñecer ferramentas e protocolos existentes”. Continuar leyendo “Charla-Obradoiro_ “Bullying: Previr, detectar, actuar””

Inscripción Actividade Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 21 e 22 de decembro

Ola familias,

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax, en colaboración coa Escola de Tenis de Vigo organiza os vindeiros días 21 e 22 de decembro (xoves e venres da próxima semana) unha actividade deportiva dirixida aos nenos e nenas do Colexio Martín Códax.

A actividade vaise desenvolver nas instalacións que a Escola de Tenis de Vigo ten no IFEVI. O custo da actividade será de 4€ por día e nen@ inscrito e deberá ser abonado, de forma directa, na Escola de Tenis de Vigo.

As datas límite para realizar as inscricións van dende o Venres 15 de decembro ás 16.00 horas ata o Martes 19 de decembro ás 17:00 horas. Non se contemplarán as inscricións realizadas fora desas datas. Continuar leyendo “Inscripción Actividade Escola de Tenis de Vigo os vindeiros días 21 e 22 de decembro”

Espectáculo “Galtuk: Un sueño de Navidad” – Venda de entradas

Bo día familias:

Chega a Vigo un novo espectáculo circense para toda a familia, repleto de alucinantes acrobacias, trapecistas e pallasos, que axudan a crear unha atmosfera chea de maxia, luz e cor.

Dende a ANPA queremos ofrecer a posibilidade de que os/as socios/as que lles interese, poidan asistir ó espectáculo “GALTUK: UN SUEÑO DE NAVIDAD”, nunha sesión especial para colexios que terá lugar o vindeiro Martes 5 de decembro ás 19.30hs no Auditorio Mar de Vigo.

Continuar leyendo “Espectáculo “Galtuk: Un sueño de Navidad” – Venda de entradas”