Recursos para traballar a charla «Bullying: Previr, detectar, actuar”

O pasado venres, 26 de xaneiro, tivo lugar, dentro das actividades programadas na Escola de Nais e Pais, a charla-obradoiro «BULLYING: PREVIR, DETECTAR, ACTUAR” impartida por Silvia Barreiro Mariño (Psicopedagoga e membro de ADIAF; Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención familiar).

Dende a Directiva da ANPA queremos darvos as grazas a tódolas nais e pais pola boa acollida e amosarnos unha vez máis o voso apoio.

 

Ademáis, como vos comentamos o inicio da charla, dende ADIAF ofrécennos diferentes recursos para que poidades indagar un poco máis no tema proposto e traballar na vosa casa. Para acceder a eles só tendes que facer clic na imaxe que aparece a continuación e levaravos inmediatamente á páxina onde están os recursos. Esperamos que vos sexan de axuda.

Atentamente

Directiva ANPA

 

Deja un comentario