Gran comezo da Escola de Nais e Pais do Martín Códax

Dende a Asociación de Nais e Pais do Colexio Martín Códax queremos darvos as grazas a todos pola vosa participación no primeiro obradorio da Escola de Nais e Pais que tivo lugar no Colexio o pasado 18 de maio, “30 pautas básicas para unha educación eficaz”.

IMG_20170518_200920

Durante unha hora e media, que se nos fixo moi curta, María Ferreiro, Directora do Instituto do Tratamento da Conduta, fixonos percorrer os diferentes tipos de educación que podemos empregar as nais e pais na educación dos nosos fillos e fillas, e deunos diversas píldoras para solucionar aqueles momentos que entre todos consideramos máis problemáticos no día a día.

IMG_20170518_200521

Grazas a María Ferreiro, polo seu tempo e a súa adicación. Grazas a Ana Presa, directora do Colexio Martín Códax, pola súa axuda e apoio na nosa nova andadura. E sobre todo grazas a todos vós, nais e pais, que formástedes parte desta charla e conseguítedes que a nosa Escola comece a súa andadura con moita forza.

IMG_20170518_200901

¡Esperámosvos o vindeiro curso con novos obradoiros!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s