Escola de Nais e Pais do Martín Códax

Bo día familias:

Dende a ANPA do Colexio Martín Códax, queremos darvos a benvida a este novo espazo do blog dedicado a nosa Escola de Nais e Pais do Martín Códax, cuxo principal obxectivo será o de proporcionar ferramentas e formación aos pais.

Para comezar queremos convidarvos á primeira charla-obradoiro que terá lugar o vindeiro xoves 18 de maio ás 19:30 horas no Colexio.

Esta charla-obradoiro leva por título “30 pautas básicas para unha educación eficaz”  e será impartida por María Ferreiro (Licenciada en Psicoloxía – Directora do Instituto do Tratamento da Conduta).

Esta primeira actividade terá unha continuidade a través dunha ambiciosa programación de obradoiros de cara ao vindeiro curso escolar.

Co ánimo de ofertar estes obradoiros e unha formación da máis alta calidade solicitamos a vosa colaboración facéndovos socios da ANPA. Os contidos nos que estamos a traballar son, entre outros:

  • Educando en Positivo 1 – 6 obradoiros de diferente temática

Esta proposta esta composta por 3 bloques, un por cada temática de formación: novas tecnoloxías, conduta e alimentación. Estes 3 bloques, á súa vez, dividiranse por grupos formados por país e nais de nenos e nenas de distintos cursos, da seguinte maneira: o primeiro grupo estará formado por Educación infantil ata o 5º curso de Educación Primaria e o segundo grupo inclúe 6º de Educación Primaria ata 4º da ESO, de xeito que se realizarían 6 obradoiros en total ao longo do curso. Sesións de 1 hora aprox.

  • Educando en Positivo 2 – 9 obradoiros

Esta proposta segue composta por 3 bloques, cun total de 3 obradoiros por bloque, ampliando deste xeito a formación específica en cada un deles, facendo un percorrido amplo por cada bloque. As idades que abranguen son completas, podendo acudir todos os pais e nais a cada obraoiro. Os contidos do Obradoiro irán percorrendo a temática de cada bloque dun xeito máis profundo. Así a formación será máis concreta, podendo adicar máis tempo ao entrenamento de estratexias prácticas nas diferentes áreas e resolvendo situacións conflitivas comúns expostas nas sesións anteriores. Sesións de 1 hora.

  • Becas académicas e deportivas USA
  • Charlas de institucións con tratamento de temas que se refiran aos nosos/as fillos/as (ARELA, Policía Nacional, voluntariado, expectativas laborais…)

¡Contamos convosco o próximo xoves!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s