Calendario escolar 2016/2017

CALENDARIO ESCOLAR 2016-2017 – CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

calendarioescolar

ORDE do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE DOG

Este ano o curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2016 ata o 31 de agosto de 2017.

1.  No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos.

2. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación final de bacharelato establecida no artigo 36 bis da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada parcialmente pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.

3. Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2016 e 30 de xuño de 2017, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

Os periodos vacacionais irán:

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.

2. Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.

3. Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s